Apresentada denúncia solicitando imediata suspensom do concerto

By boicotesalacapitol

Hoje quarta-feira, 28 de outubro, Maribolheras Precárias apresentava umha denúncia no Julgado de Guarda d’A Corunha. Umha denúncia similar apresentará-se amanhá nos julgados de Compostela:

A Xulgado en Funcións de Garda de Santiago de Compostela

D. ………………………., con DNI………………. con domicilio a efeitos de notificacións na …………….de A Coruña, en nome e representación do colectivo Maribolheras Precárias, comparece e como mellor proceda en direito

DI.

Que ao amparo do disposto nos Artigos 264 e 265 da Lei de Enxuiciamento Criminal en relación co disposto nos Artigos 14, 18 e 24 da CE, por medio do presente escrito interponse Denuncia, contra os presuntos responsables da comisión dun delito cometido con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas do artigo 510 d0 Código Penal, sobre a base dos seguintes relatos fácticos:

Primeiro.- O vinceiro venres 30 de outubro ás 21:00h está prevista na denominada Sala Capitol de Santiago de Compostela a actuación do cantante xamaicano D. Migel Orlando Collins, coñecido artísticamente como Sizzla Kalonji. Dito evento está organizado por duas promotoras musicais; unha con domicilio na r/Arenal 52, 3ºA, denominada Idearock, e outra con domicilio na r/Hernán Cortés 30, entrechán esqda, denominada Seet Nocturna, ambas na cidade de Vigo.

Segundo.- Os concertos realizados por Sizzla Kalonji, son publicamente coñecidos por promover, animar e chamar explícitamente ao exterminio físico de gais, lesbianas e transexuais.

A invitación á eliminación das persoas homosexuais é unha constante nas letras das suas cancións, como “Get To Tha Point”, “Nah Apologize”, “Boom Boom” ou “Pum Up”. Como exemplo:

“Dispara ao maricón, a miña grande pistola, boom” (do tema Boom Boom) “Mata a un maricón e síntete orgulloso” (do tema Nah Apologize).

Terceiro.- Que o citado individuo, xa suspendeu en duas ocasións a sua xira por Europa por ter causas pendentes coa xustiza, e que, en 2007, foi retido no aeroporto de Madrid-Barajas debido a unha orde ditada en Alemania por incitación á comisión de crimes de odio.

Cuarto.- En consecuencia, a actuación prevista polo citado grupo para o vinceiro venres 30 de Outubro, supón a comisión de facto dun delito contra o exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas. Polo que se deberán adoptar as medidas oportunas a fin de que non se perpetre esta deleznable conducta delictiva.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Ao amparo da SECCIÓN 1, dos delitos cometidos con ocasión do exercizo dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas, o art.510 do Código Penal tipifica como delictiva aquela conducta activa ou omisiva que provoque á discriminación, o odio ou á violencia contra grupos ou asociacións, por motivos racistas, antisemitas ou outros referentes á ideoloxia, relixión ou crenzas, situación familiar, a pertenza dos seus membros a unha etnia ou raza, a sua orixe nacional, o seu sexo, orientación sexual, enfermidade ou minusvalia; e que, da mesma maneira, penaliza aos que con coñecemento da sua falsidade ou temerario desprezo cara a verdade, difundiren información inxuriosas sobre grupos ou asociacións polos mesmos motivos,

Por isto

SOLICITO

Que conforme ao disposto nos Artigos 264 e 265 da Lei de Enxuiciamento Criminal en relación co disposto nos Artigos 14, 18 e 24 da CE, se teña por interposta Denuncia, contra os presuntos autores responsables da comisión dun delito cometido con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas, ao previsto no artígo 510 do Código Penal.

Asimesmo e conforme ao disposto no Artigo 103 da Lei Procesal Criminal e o artigo 24 da Constitución Española no que respeita ao exercicio do derecho fundamental a la Tutela Judicial efectiva, teñase por personaos aos comparecentes nas dilixencias xudiciais que se incoen.

Outrosí digo I: A este efecto e segundo o disposto no Artígo 6.3 da lei 1/1996, de 10 de enero, de Asistencia Xurídica Gratuita, solicitamos a designación con carcter de Urxencia de abogado/a e procurador/a do turno de oficio, a los efeitos de exercer as accións penais e civis antes citadas en plenitude de garantias.

Outrosí digo II: Que aos efeitos establecidos na LeCrim, proceda a adoptar medidas preventivas que impidan a comisión impugne dun grave delito , acordando a INMEDIATA SUSPENSIÓN DO CONCERTO previsto para o vindeiro venres día 30 de Outubro na Sala Capitol de Santiago de Compostela a cargo do cantante coñecido polo nome de Sizzla Kalonji, por ser esta actuación unha clara ameaza homófoba constitutiva dun delito previsto e penado no art 510 do CP, para cos dereitos

Outrosi digo III: Aos efeitos do disposto na Lei procesual Criminal, requierase ao Concellalía de Cultura de Santiago de Compostela, a fin de que aporte as dilixencias previas, copia do contrato subscrito co artista homófobo Sizzla Kalonji,

A Coruña, mércores 28 de outubro de 2009

 

2 Respostas para “Apresentada denúncia solicitando imediata suspensom do concerto”

  1. NOTA ACLARATÓRIA « TransMariBolheras Precárias Diz:

    [...] actuamos! Onte apresentamos umha denuncia na fiscalía solicitando a tomada de medidas cautelares e a cancelaçom do [...]

  2. O boicote, recolhido ao dia seguinte pola imprensa « Boicotesalacapitol's Blog Diz:

    [...] mantida entre o grupo municil socialista e o colectivo LGBT socialista 7 cores . Também, a raiz da denúncia apresentadas nos julgados de Compostela, a promotora Sweet Nocturna viu-se obrigada a apresentar um [...]

Deixar uma Resposta